Faiben orienta a súa misión a velar polo respecto ao interese superior dos nenos e nenas en todas as accións e decisións que lles afecten. E faino dende o enfoque dos Dereitos da Infancia, que inclúe:

- A non discriminación e o dereito á preservación da propia identidade, cultura,
relixión, conviccións, orientación e identidade sexual ou idioma.
- A protección do dereito á vida, á supervivencia, ao desenvolvemento e á satisfacción
das súas necesidades tanto materiais como emocionais e afectivas.
- A participación, coa consideración dos seus propios desexos, sentimentos e opinións.
- E a conveniencia de que a súa vida e desenvolvemento teña lugar nun entorno familiar
adecuado e libre de violencia.


No desenvolvemento desa misión, Faiben aposta decididamente por unha intervención:

- Incondicional, entendida como a posta en valor de cada relación persoal coma única e valiosa.
- Vocacional ao tempo que profesional.
- E comprometida cos dereitos dos nenos e nenas.

Xestión da calidade

Na nosa preocupación por prestar os mellores servizos temos establecida unha política de calidade para as Casas de Familia, cun sistema de xestión certificado na norma ISO 9001:2015 desde o ano 2017.

Un enfoque proactivo que contribúe a sistematizar o traballo profesional e comprometido cos dereitos das nenas, nenos e adolescentes, coas familias, co persoal da entidade e co sector da protección da infancia.

Formación continua

No acompañamento de nenos, nenas e adolescentes é preciso ter en conta e atender axeitadamente as situacións de dano emocional.

Co obxectivo de axustar a capacitación do persoal educativo a esas necesidades das persoas destinatarias e aos requirimentos cambiantes do servizo, Faiben conta cun Plan de Formación, en colaboración coa Casa de familia Sta Joaquina de Vedruna - Carmelitas.

Como xestionamos os nosos fondos

A actividade principal de Faiben, as Casas de familia, como parte do sistema de protección están financiadas pola Xunta de Galicia o que determina que unha parte importante da nosa financiación proceda da Administración.

Sen embargo, para levar a cabo novos proxectos e actuacións que reforcen a intervención resultan fundamentais as aportacións privadas, tanto da nosa base social como de entidades e institucións que apoian a labor de Faiben.

O orzamento de Faiben no 2020 ascendeu á cantidade de 972.594,12 €. O 93,60% dos fondos procederon da Xunta de Galicia, principalmente a través dos tres contratos administrativos de servizos coas nosas Casas de Familia.

Outras fontes públicas foron a Deputación de A Coruña e o Concello de Ribeira, que cofinanciaron o Programa de Acompañamento a Familias e o Programa Contigo, respectivamente.

O 100% dos gastos son destinados aos programas de intervención.

O orzamento de Faiben no 2020 ascendeu á cantidade de 972.594,12 €. O 93,60% dos fondos procederon da Xunta de Galicia, principalmente a través dos tres contratos administrativos de servizos coas nosas Casas de Familia.

Outras fontes públicas foron a Deputación de A Coruña e o Concello de Ribeira, que cofinanciaron o Programa de Acompañamento a Familias e o Programa Contigo, respectivamente.

O 100% dos gastos son destinados aos programas de intervención.

financiadores

Xunta de Galicia
Deputación de Pontevedra
Concello de Ribeira
Fundación Jose Otero Carmela Martínez
Cofradia da Dorna
Kiap
Empresa pesquera Moradiña
Manaia
Achega
Vicuña

memorias anuais