Os equipos formados por profesionais de diferentes eidos (psicoloxía, pedagoxía, educación social, traballo social, etc.) traballan cada día por mellorar a situación dos nenos e nenas en desprotección, a través dos distintos programas da entidade:

dirección e padroado

Somos unha fundación privada, independente e sen ánimo de lucro, dirixida por Ángel Martínez Puente e un equipo coordinador formado polo Responsable de Xestión, as Directoras das Casas de Familia e Responsables dos diferentes servizos e gobernada por un padroado formado por 12 persoas de diferentes ámbitos profesionais. Co seu apoio e asesoramento, traballamos polos dereitos da infancia.

DIRECCIÓN

Ángel Martínez Puente

É unha persoa de referencia no sector da protección da infancia en Galicia. Participou na creación e no impulso de numerosas iniciativas a prol da infancia.

En 1976 participou na posta en marcha de “Mensaxeiros da Paz” en Galicia, o que supuxo a apertura das primeiras Casas de Familia na nosa Comunidade como alternativa aos grandes internados da época.

En 1979 fue cofundador del “Colectivo Galego do Menor”, asociación que unió a la mayoría de los Centros de menores para mejorar la atención a las niñas y niños desde la reivindicación de sus derechos ante la Administración y el impulso de la formación continua.

En 1980 participou na creación de “Fogares LAR”, que chegou a converterse na primeira rede galega de Casas de Familia, constituída por 14 casas distribuídas por todo o territorio galego.

En 1996 foi cofundador da Fundación “Meniños”, impulsando os Programas de adopcións especiais tanto a nivel nacional como internacional.

En 1998 participou na creación de “Arela, Iniciativas de apoio á Infancia”, mantendo o seu compromiso coas Casas de Familia e co impulso do Programa de adopcións especiais.

En 2008 foi cofundador de Faiben, entidade da que é Director e educador na actualidade.

Carmen Zamora Castro

Carmen Zamora Castro conta con máis de 25 anos de experiencia no ámbito do coidado e da atención á infancia. A súa traxectoria profesional caracterizouse por un firme compromiso coa protección, o benestar e o desenvolvemento integral de nenos, nenas e adolescentes.

Ao longo da súa traxectoria, Carmen desenvolveu unha ampla experiencia no ámbito da atención á infancia, converténdose nunha profesional de referencia dentro do sector.

Desempeñou un papel destacado na implantación dun modelo de atención individualizada dentro do sistema de protección á infancia, poñendo o foco nas necesidades específicas de cada neno, nena e adolescente.

A súa forma de entender a intervención parte da convicción de que cada persoa ten as súas propias circunstancias, necesidades e ritmos. Por iso, defende unha atención personalizada e adaptada a cada realidade.

O seu traballo estivo especialmente vinculado ás casas de familia, entendidas como espazos de convivencia, acompañamento e desenvolvemento persoal, onde a infancia pode medrar nun contorno seguro, próximo e familiar.

Desde esta perspectiva, contribuíu a impulsar unha forma de intervención máis próxima e centrada na persoa, favorecendo o establecemento de vínculos significativos e proporcionando a cada neno, nena e adolescente o acompañamento necesario para o seu desenvolvemento integral.

Padroado

Dirección

Ángel Martínez Puente (Presidente)

Carlos Suárez Díaz (Vicepresidente)

Carmen Zamora Castro (Secretaria)

Vocales

Ramón García Seara

Juan M. Martínez Puente

Ángeles Suárez Muñiz

Iago Seara Morales

Julio Iglesias Vilariño

Alejandro Rubín Carballo

Víctor Pereira da Costa

Carina Diéguez Varela

Alberto González-Abraldes

Estíbaliz Díaz Campo

Helena Díaz Lage