Os equipos formados por profesionais de diferentes eidos (psicoloxía, pedagoxía, educación social, traballo social, etc.) traballan cada día por mellorar a situación dos nenos e nenas en desprotección, a través dos distintos programas da entidade:
É unha persoa referente no sector de protección á infancia en Galicia. Participou na xeración e impulso de numerosas iniciativas a favor da infancia:
En 1976 participou na posta en marcha de “Mensaxeiros da Paz” en Galicia, que supuxo a apertura das primeiras Casas de Familia na nosa Comunidade como alternativa aos grandes internados da época.
En 1979 foi cofundador do “Colectivo Galego do Menor”, asociación que uniu á maioría dos Centros de menores para mellorar a atención ás nenas e nenos desde a reivindicación dos seus dereitos ante a Administración e o impulso da formación continua.
En 1980 participou na creación de “Fogares LAR”, que chegou a converterse na primeira rede galega de Casas de familia constituída por 14 Casas distribuídas ao longo de todo o territorio galego.
En 1996 foi cofundador da Fundación “Meniños”, impulsando os Programas de adopcións especiais tanto a nivel nacional como internacional.
En 1998 participou na creación de “Arela, Iniciativas de apoio á Infancia”, mantendo o seu compromiso coas Casas de familia e co impulso ao Programa de adopcións especiais.
En 2008 foi cofundador de Faiben, da que é Director e educador ata a actualidade.