Faiben Fundación de Apoio á Infancia e ao Benestar é unha entidade privada sen ánimo de lucro declarada de interese galego e unha das organizacións de referencia no ámbito da protección da infancia en Galicia.
A través do modelo de acollemento residencial en Casas de Familia, loitamos para que os nenos e nenas en situación de risco ou desprotección poidan recuperar a súa andaina familiar, deixando atrás os motivos que provocaron a separación e ofrecéndolles todo o apoio e acompañamento que precisen na construción dos seus propios proxectos de vida.
Coa defensa dos dereitos da infancia, desde unha óptica de independencia e xustiza social, reivindicando o interese superior dos nenos, nenas e adolescentes.
Con cada neno, nena e adolescente, poñendo en valor cada relación persoal como única e moi valiosa, máis aló do tempo que pasa nos programas de Faiben.
Como compromiso pola calidade e a calidez, a apertura ao cambio e a innovación, para atopar respostas ás necesidades dos nenos, nenas e adolescentes e as súas familias.