Emanciparse supón un gran reto no que é preciso poñer en valor todas as fortalezas e habilidades propias pero, no caso dos mozos e mozas ex tutelados, as historias persoais previas os colocan ademais nunha situación de extrema vulnerabilidade.
Buscar piso, formarse, acceder a un posto de traballo e mantelo, tramitar documentación, aprender a xestionar a propia economía, ter adultos de confianza cerca, velar por unha boa rede de amigos… son só algunhas das cuestións que deben resolver de forma autónoma e sen apoio, especialmente cando, na maioría dos casos, cumprir 18 anos supón deixar o recurso de forma automática.
O obxectivo é favorecer a estabilidade afectiva e económica dos nenos e nenas na súa saída, naqueles casos nos que non existe unha rede de apoio externa ou non dispoñen dos recursos adecuados para afrontar as dificultades do comezo dunha vida autónoma.
Aínda que antes da chegada da maioría de idade, nos plans de traballo individuais, vanse marcando xa as etapas para a adquisición das habilidades e recursos persoais necesarios para a autonomía, o proceso precisa en moitos casos dunha continuidade (a través do Programa Contigo) para que estes rapaces e rapazas poidan facer fronte o enorme reto que supón a emancipación.