Subvención da Deputación da Coruña para a adquisición dunha furgoneta

Fri, Oct 24, 2025

Read in 1 minutes

Co obxectivo de seguir mellorando os nosos servizos, a nosa entidade contou co apoio da Deputación da Coruña, que concedeu unha subvención para a adquisición dunha furgoneta. Este novo recurso permitirá facilitar e optimizar o desenvolvemento das nosas actividades.

Subvención da Deputación da Coruña para a adquisición dunha furgoneta

Grazas a esta subvención, podemos mellorar o transporte dos nenos e do persoal, facilitando a realización das nosas actividades diarias e aumentando a eficacia dos nosos servizos. Este apoio supón un paso importante para fortalecer o noso proxecto e seguir atendendo mellor aos cativos.