O CONCELLO DE RIBEIRA IMPULSA O PROXECTO CONTIGO

Tue, Mar 31, 2026

Read in 1 minutes

Faiben, en colaboración co Concello de Ribeira, pon en marcha o Proxecto Contigo para seguir apoiando a nenos e nenas que pasaron polo noso centro. Esta iniciativa é posible grazas a unha achega de 3.400€, reforzando o noso compromiso co seu benestar e desenvolvemento.

O CONCELLO DE RIBEIRA IMPULSA O PROXECTO CONTIGO

Desde Faiben queremos agradecer ao Concello de Ribeira o seu apoio e compromiso con este proxecto, que nos permite seguir traballando polo benestar dos nenos e nenas. Seguiremos sumando esforzos para acompañalos no seu camiño e favorecer o seu futuro