Aprobada unha subvención do IRPF para o programa En familia

Sat, Jan 16, 2021

Read in 1 minutes

O proxecto proporcionará a posibilidade de desfrutar de estancias temporais con familias alleas para as nenas e nenos e adolescentes acollidos que, pola súa situación particular, non dispoñen doutras alternativas.

Aprobada unha subvención do IRPF para o programa En familia

O Programa En Familia nace en 2020 impulsado pola Fundación Faiben, a Casa de Familia Santa Joaquina de Vedruna, a Casa de Familia Laura Vicuña e a Asociación Galega de Adopción e Acollemento Manaia.

Vai dirixido a nenos, nenas e adolescentes en situación de acollemento residencial sen contactos familiares adecuados, aos que trata de ofrecer un marco referencial de vida nun núcleo pequeno como é a familia, onde a colaboración, a axuda e o respecto posibiliten experiencias que permitan o coñecemento que supón unha relación familiar e que axude a incrementar a súa autoestima e seguridade persoal á vez que amplíe a súa rede relacional.

O proxecto aborda as necesidades non cubertas dos nenos, nenas e adolescentes ofrecendo un recurso inexistente ata hoxe en Galicia e require do estudo e valoración dos perfís dos nenos, nenas e adolescentes participantes, así como da difusión, captación, formación e valoración das familias colaboradoras adecuadas ás necesidades da persoa menor de idade, así como do acompañamento posterior.