A Xunta apoia o Programa de acompañamento a familias de orixe para 2023 a través do IRPF

Sun, Jan 29, 2023

Read in 1 minutes

A resolución que concede a axuda ao programa corresponde ás subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas.

A Xunta apoia o Programa de acompañamento a familias de orixe para 2023 a través do IRPF

O Programa de Acompañamento a Familias de Orixe, dirixido á mellora das habilidades e circunstancias que permitan a reintegración familiar en condicións de protección e seguridade, recibe por primeira vez a subvención do IRPF.