A Deputación de A Coruña colabora co Programa de Acompañamento a Familias de Orixe

Mon, May 31, 2021

Read in 1 minutes

No marco de subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro para o mantemento de programas e servizos en materia de servizos sociais na provincia de A Coruña, no ano 2021.

A Deputación de A Coruña colabora co Programa de Acompañamento a Familias de Orixe

A Deputación de A Coruña concedeu a Faiben unha subvención para o desenvolvemento do Programa de Acompañamento a Familias de Orixe, que traballa polo dereito das nenas e nenos a ser membro dunha familia que lle aporte protección, afecto e estabilidade.