O Programa de Acompañamento a Familias de Orixe en Pontevedra recibe o apoio da Deputación de Pontevedra no 2022

Wed, Oct 19, 2022

Read in 1 minutes

A subvención concédese no marco das subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro para actuacións no ámbito social na provincia de Pontevedra, no ano 2022.

O Programa de Acompañamento a Familias de Orixe en Pontevedra recibe o apoio da Deputación de Pontevedra no 2022

A Deputación de Pontevedra colabora un ano máis co Programa de Acompañamento a Familias de Orixe, que traballa polo dereito das nenas e nenos a ser membro dunha familia que lle aporte protección, afecto e estabilidade.