O Programa En familia recibirá financiamento do IRPF

Sat, Jan 22, 2022

Read in 1 minutes

A resolución que concede a axuda ao programa corresponde ás subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas.

O Programa En familia recibirá financiamento do IRPF

O proxecto impulsado pola Fundación Faiben, a Casa de Familia Santa Joaquina de Vedruna, a Casa de Familia Laura Vicuña e a Asociación Galega de Adopción e Acollemento Manaia aborda as necesidades non cubertas dos nenos, nenas e adolescentes en situación de acollemento residencial posibilitando experiencias familiares que permitan o coñecemento do que supón unha relación familiar e que axude a incrementar a súa autoestima e seguridade persoal á vez que amplíe a súa rede relacional.