Dende a Fundación Faiben queremos insistir na realidade de moitas nenas e nenos que teñen coartado o seu dereito a vivir en familia, e seguen a vivir en centros de menores.

Estas nenas e nenos precisan de algo máis ca un teito: necesitan unha familia que lles proporcione estabilidade, afecto e referentes que lles dean seguridade.

Por iso, é tan importante atopar familias que queiran abrir as portas da súa casa e do seu corazón para ofrecerlles o que máis precisan: amor, seguridade e unha vida cotiá chea de agarimo.

Ser familia acolledora é ser faro. É estar aí, cada día, guiando e acompañando. E aínda que o camiño non sempre sexa doado, o que se recibe a cambio é inmenso: sorrisos verdadeiros, olladas que agradecen, momentos compartidos que enchen a alma; participar no proceso de cambio e futuro dunha vida.

Se algunha vez pensaches en dar un paso así e queres saber máis sobre como ser familia acolledora, desde a Fundación Faiben estamos aquí para acompañarte. Porque cando unha familia decide acoller, cambia unha vida. E, moitas veces, cambia tamén a súa.

📞 Chámanos ao 986 221 379 se queres máis información ou tes dúbidas. Estaremos encantados de escoitarte.

Obxectivos

O noso principal obxectivo é que os rapaces non se atopen nun centro de menores durante toda a súa infancia, e que todos poidan ter a experiencia de vivir en familia.

Valores do Acollemento

Acollida con compromiso

A nosa responsabilidade é garantir que cada neno, nena ou adolescente teña un fogar seguro e afectuoso, promovendo o seu benestar integral.

Seguridad Emocional

O acollemento ofrece a nenos e mozos un entorno estable e protector onde poden curar feridas, construír confianza e desenvolver un sentido de pertenza esencial para o seu benestar.

Oportunidad de Futuro

O acollemento ofrece a cada neno acceso a experiencias positivas, sentando as bases para un futuro prometedor.