Contacta escribíndonos a enfamilia@faiben.org, no teléfono 634 240 914 ou no seguinte formulario

facilitando experiencias familiares

En Familia é un programa de acollemento familiar que promove a creación dunha rede de familias que se constitúan en referentes sólidos e estables para nenas, nenos e adolescentes que non dispoñen doutras alternativas familiares.

O programa nace en 2020 impulsado pola Fundación Faiben, a Casa de Familia Santa Joaquina de Vedruna, a Casa de Familia Laura Vicuña e Manaia Asociación Galega de Adopción e Acollemento e pretende ofrecer solucións familiares que eviten no posible estancias de longa duración nos recursos residenciais.

Conta co apoio e financiamento da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia a través dos fondos NextGeneration da Unión Europea.

Que supón

ser familia de referencia?

Ser familia de referencia significa estar presentes para as nenas, nenos ou adolescentes e enfocados no seu benestar. Poñelos no centro e, de forma consciente, garantir o seu dereito ao afecto.

A través dunha convivencia familiar progresiva e adaptada ás necesidades específicas de cada nena ou neno, as familias constitúense en figuras imprescindibles para favorecer o seu adecuado desenvolvemento afectivo, ampliar a súa rede social e contribuír na reparación do seu dano.

Requisitos para participar:

Apoios cos que contan as familias:

Quen son

as nenas, nenos e adolescentes participantes?

O programa vai dirixido a nenas, nenos e adolescentes en desamparo ou en risco de desprotección que non contan con alternativas familiares estables nin adecuadas.

Estas rapazas e rapaces residen actualmente en centros de protección nos que atopan un espazo de seguridade que lles garante a adecuada cobertura das súas necesidades básicas convivindo con outras nenas e nenos e co equipo educativo nun contexto de protección e afectividade.

Con todo, e a pesar destes apoios, estas nenas e nenos precisan crecer nunha familia onde vivir experiencias de relación que lles permitan construír a súa identidade e desenvolverse en plenitude sentíndose queridas, respectadas e protexidas.

Como funciona

o programa En familia?

As familias seguen un itinerario formativo ca intención de profundar no coñecemento do acollemento familiar e das necesidades das nenas, nenos e adolescentes destinatarios.

Cales son as fases do proceso?

  1. Información.
  2. Formación (16 horas).
  3. Ofrecemento para participar no programa.
  4. Valoración e estudo de expectativas.
  5. Banco de familias.

logo-faiben
logo-vedruna
logo-vicuña
logo-manaia
Logo 1
Logo 2
Logo 3
Logo 4

Novas

11/04/2024. Charla informativa en Santiago de Compostela

Libraría San Pablo. Rúa do Vilar, 37, 15705 Santiago de Compostela

16, 23 de marzo e 13 de abril de 2024. Formación a familias en Teo (A Coruña).

16, 23 de marzo e 13 de abril de 2024. Formación a familias en Teo (A Coruña).

23/02/2024. Charla informativa en Outeiro de Rei (Lugo)

23/02/2024, 20:00 h. Centro sociocultural de Cela, Concello de Outeiro de Rei, Lugo

Charla informativa en Chantada

07/06/2023, 20:00 h (pendente confirmación hora). Casino “Circulo Recreativo e Cultural”, Av. de Ourense, 7, 27500, Chantada, Lugo

Charla informativa en Teo

09/06/2023, 19:30 h. Salón de Plenos do Concello de Teo.

06, 13 e 27/05/2023. Formación a familias en Madrid

Formación para grupo de familias na Comunidade Autónoma de Madrid.

03/05/2023. Charla informativa en A Morada

Unha cooperativa sen ánimo de lucro no eido social de Vigo conectado coa comunidade e onde os coidados están no centro.

27/04/2023. Charla informativa en Monterroso

Esta vez a crianza quedou soa… tentaremos noutra nova ocasión.

21/04/2023. Charla informativa en Muimenta

Unha comunidade especial na Terra Cha, onde o bo trato e a responsibilización coas crianzas está presente.

10/02/2023. Presentación no Congreso Brighter Future en Santiago de Compostela

O proxecto Brighter Future trata de identificar cales son os desafíos para a inclusión escolar de nenos, nenas e adolescentes acollidos ou adoptados.