Faibén desenvolve desde o ano 2014 un programa de formación para familias que dispoñen do certificado de idoneidade para a adopción, tanto nacional como internacional.
O obxectivo desta formación é que as familias maduren o seu proceso adoptivo, coñezan as necesidades reais dos nenas e nenas que están a esperar unha familia, así como ferramentas educativas e afectivas que podan axudar a crear un entorno familiar estable e seguro.
Durante o ano 2016 continuouse esta formación coa repetición do módulo que se ofrecera durante o ano 2015 e desenvolvendo un segundo módulo dirixido ás familias que tiñan a lo menos tres das catro sesións do módulo 1.
As familias convocadas foron aquelas que se puxeran en contacto coa Fundación Faiben durante o ano 2014 e 2015.
Antes de realizar as convocatorias aos cursos fixéronse reunións cos equipos técnicos de adopción das catro provincias galegas co fin de dar a coñecer os novos contidos e propor colaboración na medida das súas posibilidades aos propios técnicos da Xunta.