FAIBEN, ten como modelo residencial para os nenos en situación de desprotección AS CASAS DE FAMILIA, que son vivendas normalizadas onde conviven 8 nenos e nenas con catro educadores, reproducindo así un modelo familiar, onde os nenos ademais de ter un referente adulto estable, atopan un clima de protección afectivo e seguro.

Dende nosas casas de familia, seguimos mantendo con forza a necesidade de traballar cos nenos dende unha perspectiva afectiva que cubra as carencias emocionais que moitas veces traen e creando un clima de seguridade que de por si conseguira aumentar a AUTOESTIMA DO NENO.

Para elo coidamos de que o persoal das casas sexa o mais estable posible, , sendo a casa de Rosalía a que ten unha directora que conta con mais de 20 anos de experiencia continuada.

Trabállase directamente coas familias daqueles nenos, que poden volver a súa casa, dende unha posición de colaboración e esixencia, e en rede con outros axentes sociais a fin de que a estancia dos nenos sexa a necesaria, e se poida atopar canto antes unha solución definitiva.

Cos nenos que a súa situación familiar non sexa un referente valido se traballa a súa saída en outras modalidades Acollemento ou Adopción, sen dar por perdida ningunha delas por difícil que nun primeiro momento poidan parecer.