Os mozos e mozas que pasan polas nosas casas de familia se enfrontan a serias dificultades na súa saída, tendo que enfrontarse a unha difícil realidade social: en moitos casos non poden contar cunha familia que poda garantir, en todas as circunstancias, unha estabilidade afectiva e económica. Co obxectivo de dar estabilidade a súa saída, o Programa Contigo presta ao apoio necesario, e fai un seguimento, para garantir as condicións de protección, empezando por facelos conscientes da incondicionalidade de Faibén.

As facetas deste programa son:

Económicos : Fianzas, carné de conducir, aluguer, …,

Familiares: crise familiares, problemas de convivencia cos pais ou acolledores, herdanzas..

Legais : Axuda en papeleo, xuízos, Curatelas, Emancipacións …..

Sociais : derivados das novas situacións as que se teñen que enfrentar que sen referente familiar as veces son moi difíciles de superar.

Este programa ten como finalidade dotarlles a eles e ás súas familias dos apoios que lles permitan superar esas dificultades, e poder continuar con éxito o seu percorrido de inclusión social plena.